HISTORIA
|
|
Datos curiosos da Historia da Volta á Ascensión
- Só dous ciclistas galegos foron quen de gañar a proba nas quince edicións precedentes:
- O porriñés Isidro Araujo Penabella en 1986 co equipo Clas.
- O vigués Gonzalo Aguiar Martínez en 1987 co equipo Exclusivas Miño.
- Nas quince edicións precedentes disputáronse un total de 50 etapas, os ciclistas galegos lograron 7 vitorias:
- O pontevedrés Evaristo PortelaAcuña gañou 2 etapas, a primeira en 1977 co equipo Spol-M Riego Vigo e a segunda en 1983 co equipo C.C.Vigués - Faro de Vigo - Xoane.
- O porriñés Francisco Javier Rodríguez Fernández venceu na 2ª etapa da edición de 1984 defendendo as cores do SpolCaixa Galicia.
- En 1986 o vigués Gonzalo Aguiar Martínez acadou o triunfo na 1ª etapa nunca edición que lle serviu para ser seleccionado para a Olimpiada de Seúl co que foi o primeiro ciclista galego en representarnos nuns Xogos Olímpicos.
- En 1987 outro porriñés, Jesús Losada Sequeiros, coas cores do Exclusivas Miño ourensán acadou a vitoria na 1ª etapa.
- En 1991, edición precedente da carreira, acadouse o maior número de vitorias dos deportistas galegos nesta proba. O ponteareán Juan Carlos Táboas Lorenzo venceu na 2ª etapa e o vigués Jose Luis Sánchez de la Rocha logrou a vitoria na 3 etapa.
- Só un ciclista estranxeiro gañou a carreira. Foi na última edición disputada, 1991. O dinamarqués Soren Peterssen do equipo Seur logrou o triunfo logo dunha escapada na primeira etapa que fixo que fora líder da proba de principio a fin.
- Na clasificación xeral por equipos, 4 veces foron os representantes do ciclismo galego os vencedores. En 1982 o CC Vigués-Faro de Vigo-Xeoane, en 1985 o equipo ourensán Exclusivas Miño - Gres de Nules que repetiu triunfo en 1987 e na edición precedente, 1991 a formación do C.C. Vigués - Pescanova.
-
En 1982, con motivo do Ano Santo, a Volta á Ascensión celebrouse un mes despois da saída da Vuelta Ciclista a España en Santiago de Compostela. Logo dun intenso debate na xunta directiva do C.C.Santiago decidiuse disputar a etapa prólogo na cidade de A Coruña e o escenario elixido foi o circuíto dos Cantóns. Daquela Santiago e A Coruña estaban envoltos na polémica pola capitalidade de Galiza e para algúns era contraproducente que un clube radicado en Compostela celebrase un evento na Coruña. Malia todo impúxose na votación da directiva celebrar o prólogo na Coruña por 8 votos a 2.A etapa foi todo un éxito.
-
En 1986, un mes despois da vitoria de Álvaro Pino na Vuelta a España a organización considerou oportuno volver a facer 4 días de competición e introducir a etapa prólogo contra - reloxo por equipos e desta volta decidiuse facelo no circuíto que fora rexeitado en 1982, o mesmo que acollera o prólogo da Vuelta a España do devandito ano. Deportivamente a etapa foi extraordinaria pero foi tal o caos circulatorio na nosa cidade que a organización topouse que, nos medios escritos, adicouse máis espazo ao conflito de tráfico que á propia proba polo que viuse obrigada a pedir desculpas públicas.
- 1988 foi a última edición na que houbo 4 días de carreira. Desta volta, a organización introduciu 2 etapas contra - reloxo individuais. A 1ª celebrouse en Cuntis e foi unha ascensión ao Alto do Mesego, e a 2ª foi a aínda lembrada polos bos adeptos ao ciclismo, crono-escalada ao Monte Pedroso.
- As dúas primeiras edicións da proba non contaron con clasificación xeral ao non estar permitido pola Real Federación Española de Ciclismo, algo que sentou mal no seo do C.C. Santiago porque daquela non había probas por etapas en Galiza. Malia todo, en 1977, na terceira edición da competición introdúxose a clasificación xeral e xa deixou de ser unha carreira con tres competicións diferentes.
- A liña de meta en Santiago de Compostela tamén trocou de escenario. De 1975 a 1981 instalouse na Avenida de A Coruña e desde 1982 en Xoán Carlos I.
- 1975 e 1979 foron as edicións con menor número de ciclistas participantes. A penas 30, e como curiosidade e ante a falta de equipos nesta última edición a organización permitiu a un equipo facer dúas formacións, unha co primeiro patrocinador e outra co segundo.
- Desde 1981 o número de participantes situouse en 60 corredores, distribuídos en 10 equipos de 6 ciclistas cada un. A partir de 1987 aumentouse o número a 7 corredores por equipo. Na edición precedente, 1991, tomaron parte 91 ciclistas distribuídos en 13 equipos.
- 2007 será, de non haber novidades, a edición na que participen un maior número de equipos galegos xa que están federados en Galiza este ano as seguintes formacións elite e sub.23:
- C.C. Estradense - Hierros Diego
- C.C. Vigués - PSA Vigo - Autronic
- C.C. Spol - Caixanova
- G.D. Supermercados Froiz
- C.C. Cambre - Frisonoble
- C.C .Cidade de Lugo
- C.C .Luis Ocaña de A Coruña
|