ETAPAS
           EQUIPOS
           LIBRO DE RUTA
           HISTORIA
           CONTACTAR


Calendario
ETAPA3 ETAPA2 ETAPA1

Xunta de Galicia (LOGO)

NOTAS DE PRENSA


A Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009 comeza mañá

(20/05/2009) A Fundación Compostela Deporte e o Club Ciclista Compostelano–Muebles Compostela celebraron hoxe no Centro Comercial Área Central a presentación dos dezanove equipos que desde mañá, e ate o vindeiro sábado día 23 de maio, disputarán a Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009, para as categorías elite e sub 23. A competición conta co patrocinio da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo, Grupo Brea e Área Central, e coa colaboración dos Concellos de Santiago, Oroso, Ames, Carballo, Cerceda, Negreira, Ordes, Padrón e Silleda, a Federación Galega de Ciclismo e a Deputación da Coruña.

Na proba participarán as formacións galegas: Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia; CC Cambre-Renault Caeiro; PC Luís Ocaña-Cymasa; CC Padronés-Aluminios Cortizo; GD Supermercados Froiz; CC Vigués-Chint Autronic e CC Spol Caixanova; o Camargo Ferroatlántica (Cantabria); o Diputación de León-Deyser (Castela León); o Sanse Spiuk de Madrid; o PC Manzanillo-Construcciones Paulino (Asturias); Andalucía Cajasur (Andalucía); Graman Hospedería Cañete (Castela A Mancha); os valencianos: Valencia Terra i Mar, Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja e Mutualidad de Levante-Cafemax; os portugueses: Crédito Agrícola Pombal e Elecler Santa María da Feira; e o Lokomotiv ruso.

A presentación contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama Seoane; do Alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira; o Alcalde de Ames, Carlos Antonio Fernández Castro; o Alcalde de Ordes, Manuel Regos Boquete; o Alcalde de Padrón, Camilo Forján Seoane; do Xerente de Área Centrral, Juan Carlos Losada; do Presidente do Clube Ciclista Compostelano-Muebles Compostela, Nemesio López; así como con representantes do resto de entidades públicas e privadas patrocinadoras e/ou colaboradoras coa Volta.

A proba

A Volta Ciclista da Ascensión contará cun percorrido de 434,3 quilómetros e este será o terceiro ano consecutivo que se disputa. E unha das novidades da proba será o remate da segunda etapa en

Sigüeiro. As tres etapas da competición comezarán cunha saída neutralizada desde o Centro Comercial Área Central.

A primeira etapa, de 140,1 quilómetros con saída real en Santa Lucía, contará coas metas volantes de Silleda e Padrón e con tres portos puntuables para o Premio da Montaña, os altos de: Candán, San Xurxo de Vea e Lampai.

Na segunda etapa o pelotón terá que completar un percorrido de 146 quilómetros. A saída real será desde as instalacións do Grupo Brea- até chegar a Sigüeiro (Concello de Oroso). As metas volantes desta xornada estarán situadas nas localidades de: Ordes, Cerceda e Carballo. E o alto de Enxeriz será o porto puntuable para o Premio da Montaña.

Por último, a terceira etapa contará cunha distancia de 148,2 quilómetros. A saída real estará ubicada á altura da Escola Superior de Hostalería en A Barcia. Fernández apuntou que os cinco portos puntuables para o Premio da Montaña serán os de: Moimenta, Aguasantas, Mourentáns, Trasmonte e alto do Vento. E as metas volantes estarán ubicadas nas localidades de: Bertamiráns e Negreira.

Volta á Praza e sorteos

A Volta Ciclista da Ascensión volverá a contar con actividades para os rapaces e rapazas de ate 12 anos na Praza de Europa do Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela mañá e o venres, nos seguintes horarios: 12.00-14.00 horas e 15.00-20.00 horas. Ademais, todos aqueles rapaces e rapazas, ate 16 anos, que acudan co folleto promocional da Volta á liña de meta para presenciar a final das etapas: a primeira e terceira en Santiago e a segunda en Oroso, participarán no sorteo de dous MP3 de Blusens –dous cada un dos tres días-, de cinco xogos de ordenador cada día; e haberá outros agasallos para todos os asistentes, sexa cal sexa a súa idade.

Portal electrónico

Cómpre lembrar que, na páxina web da competición www.voltaascension.com poderedes atopar as novas da Volta. Este ano, como principal novidade, poderedes ir consultando no portal electrónico as evolucións de cada etapa. E ao remate de cada unha das tres xornadas recibiredes a nota de prensa (en galego e castelán), as fotos e as clasificacións.

No portal electrónico tamén podedes consultar os percorridos e perfís das tres etapas; os equipos participantes; o palmarés de todas as edicións anteriores da proba; consultar ou descargar o libro de ruta da presente edición; ou consultar os portais electrónicos das edicións do 2007 e 2008.

Fotografia

Fotografia

Fotografia

Fotografia

___________________________________________________
Fundación Compostela Deporte
Gabinete de Comunicación
20/05/2009

 

Desenvolvemento e deseño web: AVA www.avaforum.com