NOTAS DE PRENSA
Rafael Rodríguez, do Supermercados Froiz, é o primeiro líder da Volta
(21/05/2009) Rafael Rodríguez do Supermercados Froiz, cun tempo de 03:32:17 é o primeiro líder da Volta Ciclista da Ascensión-Gran premio Xacobeo 2009 –organizada pola Fundación Compostela Deporte e o Club Ciclista Compostelano–Muebles Compostela, co patrocinio do Xacobeo, Grupo Brea e Área Central- tras gañar a primeira etapa da competición. Rodríguez encabeza tamén as clasificacións da regularidade e do premio da montaña. O Supermercados Froiz lidera a clasificación por equipos.
José Aguilar del Andalucía Cajasur (m.t.) e Álvaro García del Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja (02:03) foron segundo e terceiro, respectivamente, na etapa e o son na clasificación xeral individual. José Aguilar (Andalucía Cajasur) é o líder das metas volantes; José Cerezo (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia) é o primeiro na do mellor galego e Alexander Ryabkin (Lokomotiv) na de mellor sub 23.
O Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama; o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo; o Presidente do CC Compostelano-Muebles Compostela, Nemesio López; e José Brea Dono, do Grupo brea –unha das entidades patrocinadoras da Volta Ciclista da Ascensión, xunto ao Xacobeo e Área Central-; realizaron o corte de cinta que dou inicio á primeira etapa da competición.
A etapa
A primeira etapa da Vuelta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009 comenzou cun ritmo trepidante. Cunha rodaxe superior aos 40 km/h. Xa nos primeiros quilómetros se sucederon os ataques, pero non fructificou ningún dos numerosos intentos de escapada.
Antes do paso pola meta volante de Silleda (33,2 km) a etapa continuou coa mesma tónica. Mativeronse os continuos ataques, e co mesmo resultado, non progresou ningún intento de fuga. Pero pouco a pouco 30 corredores foron descolgándose do pelotón e marchaban moi diseminados.
O primeiro en pasar pola meta volante de Silleda foi o corredor holandés do Diputación de León-Deyser, Pol Nabben; seguido de José Aguilar (Andalucía Cajasur), segundo e, Alexander Rybakov (Lokomotiv), terceiro.
A emoción se mantivo ao comezar a subida ao primeir porto da xornada: o Alto do Candán (44,9 km), no que se rompeu o pelotón, e dividíndose en catro grupos que circulaban con escasas diferencias entre eles. O corredor do Lokomotiv Arten Ovechkin adxudicouse os primeiros puntos do premio da montaña ao coronar o Alto de Candán; seguido do seu compañeiro de equipo Alexander Rybakov e de Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia).
O Alto de Candán motivou que nos seguintes quilómetros o pelotón quedase fragmentado en tres grupos. O de cabeza era o máis numeroso, cunhas trinta unidades; seguido a uns vinte segundos por outro grupo con menos unidades ao que, pese aos seus intentos, lle costaba enlazar. Neste segundo grupo marchaba o corredor santiagués Adolfo Vicente (CC Cambre-Renault Caeiro). E o terceiro grupo, que marchaba cunha desvantaxe aproximada dun minuto e vinte segundos, contaba nas súas filas co que foi becario da Fundación Compostela Deporte, Pedro Macía (CC Padronés-Aluminios Cortizo).
A poucos kilómetros do paso pola localidade pontevedresa de A Estrada (76,5 km), marchaban en cabeza de carreira os corredores do Supermercados Froiz José de Segovia e Rafael Rodríguez, xunto a José Aguilar, do Andalucía Cajasur. Os tres ciclistas levaban unja vantaxe duns 50 segundos sobre o grupo de perseguidores, composto por unhas dez unidades.
Os escapados lograron coronar en solitario o segundo porto da etapa, o Alto de San Xurxo de Vea (91,4 km) o primeiro foi: José de Segovia (Supermercados Froiz), o segundo o seu compañeiro de equipo Rafael Rodríguez e o terceiro, o ciclista do Andalucía Cajasur, José Aguilar. Por detrás deles o paso polo porto foi un rosario de corredores que, pouco a pouco, iba reducindo a súa desvantaxe con respecto ao grupo de cabeza. Aínda que non hai ningún equipo que domine a Volta.
No paso pola meta volante de Padrón (102,8 km) o primeiro foi o corredor do Andalucía Cajasur, José Aguilar; seguido de José de Segovia e Rafael Rodríguez, ambos do Supermercados Froiz. Porén, no inicio da subida ao Alto de Lampai (111,5 km), descolgouse do grupo de cabeza José de Segovia e o pelotón seguía marchando moi dividido.
Rafael Rodríguez e José Aguilar continuaron liderando a carreira no seu paso polo Alto de Lampai (111,5 km), polo que pasaron en primeiro e segundo lugar, respectivamente. O terceiro neste último porto do premio da montaña da xornada, a dous minutos e 15 segundos, foi Álvaro García (Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja).
A falta de 15 quilómetros para a fin da primeira etapa da Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009, Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz) e José Aguilar (Andalucía Cajasur), continúan liderando a etapa, cunha vantaxe de tres minutos sobre un grupo de perseguidores composto por tres unidades. Rodríguez e Aguilar seguían dominando a proba a falta de cinco kilómetros para a líña de meta. Na que mantiñan unha vantaxe de dous minutos sobre un grupo de 23 unidades.
Rodríguez e Aguilar se disputaron a victoria de etapa ao sprint. O triunfo foi para o corredor do Supermercados Froiz por lo que Rafael Rodríguez convertiuse así no primeiro líder da Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009.
Sigüeiro, meta da segunda etapa
Cómpre lembrar que o pelotón disputará mañá, venres día 22 de maio, a segunda etapa (146 quilómetros) da Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo. A xornada conta coa principal novidade de que é a primeira vez que a proba ten a súa chegada nun concello veciño, o de Oroso.
A saída neutral desde o Centro Comercial Área Central será ás 13.30 horas. As metas volantes desta xornada estarán situadas nas localidades de: Ordes, Cerceda e Carballo. E o alto de Enxeriz será o porto puntuable para o Premio da Montaña. A chegada á Avenida da Grabanxa de Sigüeiro está prevista para ás 17.09 horas.
Web
Cómpre lembrar que, na páxina web da competición www.voltaascension.com poderedes atopar as novas da Volta. Tamén poderedes ir consultando no portal electrónico as evolucións de cada etapa. E ao remate de cada unha das tres xornadas recibiredes a nota de prensa (en galego e castelán), as fotos e as clasificacións. No portal electrónico tamén podedes consultar os percorridos e perfís das etapas; equipos participantes; palmarés; descargar o libro de ruta da presente edición; ou consultar os portais electrónicos das edicións do 2007 e 2008.
A Volta Ciclista da Ascensión conta co patrocinio da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo, Grupo Brea e Área Central, e coa colaboración dos Concellos de Santiago, Oroso, Ames, Carballo, Cerceda, Negreira, Ordes, Padrón e Silleda, a Federación Galega de Ciclismo, a Deputación da Coruña e outras entidades comerciais.
___________________________________________________
Fundación Compostela Deporte
Gabinete de Comunicación
21/05/2009
|