ETAPAS
           EQUIPOS
           LIBRO DE RUTA
           HISTORIA
           CONTACTAR


Calendario
ETAPA3 ETAPA2 ETAPA1

Xunta de Galicia (LOGO)

NOTAS DE PRENSA


David Gutiérrez, do Camargo-Ferroatlántica, gaña ao sprint a segunda etapa

(22/05/2009) David Gutiérrez (03:30:34), do Camargo Ferroatlántica, gaña ao sprint a segunda etapa da Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009 -organizada pola Fundación Compostela Deporte e o Clube Ciclista Compostelano–Muebles Compostela, co patrocinio do Xacobeo, Grupo Brea e Área Central-. O segundo foi Fabio Ferreira (Crédito Agrícola Pombal) e o terceiro, Sergio Carrasco (Andalucía Cajasur), ambos a 00:02.

Tras o final desta segunda etapa non hai variacións na clasificación xeral individual. Rafael Rodríguez do Supermercados Froiz mantén o liderato e tamén segue encabezando o premio da montaña. José Aguilar (Andalucía Cajasur) é segundo e mantén a primeira posición na clasificación das metas volantes. Mentres que Álvaro García do Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja, segue ocupando o terceiro posto.

Tampouco hai variacións na clasificación xeral por equipos, que lidera o Supermercados Froiz; nin nas de mellor galego: José Cerezo (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia) e mellor sub 23: Alexander Ryabkin (Lokomotiv). O novo líder da clasificación da regularidade é David Gutiérrez (Camargo-Ferroatlántica).

O Presidente da Federación Gallega de Ciclismo, Sabino Cortizo; o Presidente del CC Compostelano-Muebles Compostela, Nemesio López; José Brea Dono, do Grupo Brea –unha das entidades patrocinadoras da Volta Ciclista da Ascensión, xunto ao Xacobeo e Área Central; e o Concelleiro do Partido Popular en Santiago, Ángel Espadas, realizaron o corte de cinta que dou inicio á segunda etapa da competición.

A etapa

A etapa comezou cunha fuga -no quilómetro cero- protagonizada por Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia); Alfonso Suaña (Camargo-Ferroatlántica) e Javier Puig (Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja). Porén, tras o primeiro paso por Sigüeiro –meta hoxe da etapa-, no quilómetro 22 atacou Gustavo Rodríguez, que se quedou só en cabeza de carreira.

Os compañeiros de fuga de Rodríguez foron absorbidos por un pelotón no que, como era previsible, tomou o mando o Supermercados Froiz –no que milita Rafael Rodríguez, líder da competición tras a primeira etapa de aonte-. Á altura do quilómetro 25, Gustavo Rodríguez tiña unha vantaxe de 25 segundos sobre o pelotón.

Cumprida a primeira hora de competición, a carreria vai a un ritmo trepidante, a media de rodaxe é de 43 km/h. No paso por Ordes, Gustavo Rodríguez vai en cabeza de carreira xunto a David Alfonso (Camargo-Ferroatlántica); Javier Puig (Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja) e Amaro Antunes (Crédito Agrícola Pombal). Estes catro corredores levan dous minutos e trinta e catro segundos de vantaxe sobre o pelotón no quilómetro 41.

A vantaxe do grupo de escapados sobre o pelotón, que seguía comandado polo Supermercados Froiz, foi aumentando de forma progresiva. No quilómetro 50 de carreira, a diferencia entre a cabeza de carreira e o pelotón era de 03:34.

No paso pola meta volante de Cerceda (62,8 km) o primeiro foi Amaro Antunes (Crédito Agrícola Pombal); seguido de Javier Puig (Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja) e David Alfonso (Camargo-Ferroatlántica), segundo e terceiro, respectivamente. Os tres seguen no grupo de cabeza xunto a Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia) e a vantaxe con respecto ao pelotón neste punto era de 03:50.

Porén, pouco a pouco o traballo do equipo do líder Rafael Rodríguez, o Supermercados Froiz, coa axuda do Andalucía Cajasur -que conta nas súas filas co segundo clasificado, José Aguilar- foi dando os seus froitos e o pelotón comezou a acurtar distancias co grupo de escapados. A vantaxe destes últimos sobre o pelotón no quilómetro 77 era de 02:10.

A fuga se mantivo no paso pola meta volante de Carballo (85,8 km) na que o primeiro foi Javier Puig, o segundo Amaro Antunes e o terceiro Gustavo Rodríguez.

Na subida ao Alto de Enxeríz (102,9 km), o corredor do Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia, Rodríguez, escapouse do grupo de cabeza, chegou a ter unha vantaxe de 20 segundos. Rodríguez coronou en solitario o Alto de Enxeríz (102, 9 km), seguido de Arten Ovechkin (Lokomotiv) e José Cano (Andalucía Cajasur).

Na baixada do puerto Gustavo Rodríguez continuaba en cabeza, pero acompañado por outros oito corredores. O pelotón marchaba a trinta segundos deste novo grupo que lideraba a etapa.

De camino cara á localidade de Ordes volveu a cambiar o grupo de cabeza, composto por nove unidades. Pero a vantaxe deste novo grupo sobre os seus perseguidores, entre os que se atopaban o líder da Volta, Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz) e Gustavo Rodríguez, un dos corredores máis activos desta segunda xornada, era moi pequena –oscilaba entre os 10 e os 15 segundos-, á altura do quilómetro 125.

Porén a falta de dez quilómetros para a chegada á meta, o pelotón marchaba xunto e cun alto ritmo de carreira, como ao longo de toda a xornada. Na disputa polo triunfo ao sprint, o primeiro foi o corredor do Camargo Ferroatlántica, David Gutiérrez, seguido de Fabio Ferreira (Crédito Agrícola Pombal) e Sergio Carrasco (Andalucía Cajasur).

Última etapa

A Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009 finaliza mañá coa disputa da terceira etapa que contará cunha distancia de 148,2 quilómetros. A saída real estará ubicada á altura da Escola Superior de Hostalería en A Barcia. Fernández apuntou que os cinco portos puntuables para o premio da montaña serán os de: Moimenta, Aguasantas, Mourentáns, Trasmonte e Alto do Vento. E as metas volantes estarán ubicadas nas localidades de: Bertamiráns e Negreira.

Web

Cómpre lembrar que, na páxina web da competición www.voltaascension.com poderedes atopar as novas da Volta. Tamén poderedes ir consultando no portal electrónico as evolucións de cada etapa. E ao remate de cada unha das tres xornadas recibiredes a nota de prensa (en galego e castelán), as fotos e as clasificacións. No portal electrónico tamén podedes consultar os percorridos e perfís das etapas; equipos participantes; palmarés; descargar o libro de ruta da presente edición; ou consultar os portais electrónicos das edicións do 2007 e 2008.

A Volta Ciclista da Ascensión conta co patrocinio da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo, Grupo Brea e Área Central, e coa colaboración dos Concellos de Santiago, Oroso, Ames, Carballo, Cerceda, Negreira, Ordes, Padrón e Silleda, a Federación Galega de Ciclismo, a Deputación da Coruña e outras entidades comerciais.


CLASIFICACIÓNS


CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL 2º ETAPA

1º David Gutiérrez (Camargo-Ferroatlántica)

2º Fabio Ferreira (Crédito Agrícola Pombal)

3º Sergio Carrasco (Andalucía Cajasur)


CLASIFICACIÓN XERAL INDIVIDUAL

1º Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz)

2º José Aguilar (Andalucía Cajasur)

3º Álvaro García (Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja)


CLASIFICACIÓN XERAL POR EQUIPOS

1º Supermercados Froiz

2º Andalucía Cajasur

3º Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja


REGULARIDADE

1º David Gutiérrez (Camargo-Ferroatlántica)

2º Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz)

3º José Aguilar (Andalucía Cajasur)


PREMIO MONTAÑA

1º Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz)

2º Arten Ovechkin (Lokomotiv)

3º Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia)


METAS VOLANTES

1º José Aguilar (Andalucía Cajasur)

2º Amaro Antunes (Crédito Agrícola Pombal)

3º Javier Puig (Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja)


MELLOR GALEGO

1º José Cerezo (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia)

2º Aser Estévez (Spol-Caixanova)

3º Iago Mendín (PC Luís Ocaña-Cymasa)


MELLOR SUB 23

1º Alexander Ryabkin (Lokomotiv)

2º Aser Estévez (Spol-Caixanova)

3º Nelson Oliveira (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia)

Fotografia

Fotografia

Fotografia

Fotografia

___________________________________________________
Fundación Compostela Deporte
Gabinete de Comunicación
22/05/2009

 

Desenvolvemento e deseño web: AVA www.avaforum.com