ETAPAS
           EQUIPOS
           LIBRO DE RUTA
           HISTORIA
           CONTACTAR


Calendario
ETAPA3 ETAPA2 ETAPA1

Xunta de Galicia (LOGO)

NOTAS DE PRENSA


Rafael Rodríguez, do Supermercados Froiz, gaña a Volta cun novo triunfo de etapa

(23/05/2009) O corredor do Supermercados Froiz, Rafael Rodríguez (10:52:43), gaña a Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009, -organizada pola Fundación Compostela Deporte e o Clube Ciclista Compostelano–Muebles Compostela, co patrocinio de Xacobeo, Grupo Brea e Área Central- cun triunfo na terceira etapa. Cómpre lembrar que o campión liderou a Volta desde o seu triunfo na primeira xornada da competición. Rodríguez, que gañou ao sprint (03:49:40), foi primeiro na chegada ao sprint da etapa de hoxe, seguido de Dmitry Puzanov do CC Spol Caixanova (m.t.) e David Gutiérrez do Camargo-Ferroatlántica (00:00:03).

Pola súa banda, o equipo do campión, o Supermercados Froiz tamén confirmou o liderato que ostentou na clasificación xeral por equipos desde o primeiro día da Vuelta. Pero tamén o seu dominio nesta competición desde o 2007, quedando campión nas tres últimas edicións.

O segundo na clasificación xeral individual foi Álvaro García do Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja (00:02:06). E o terceiro, David Gutiérrez do Camargo-Ferroatlántica (00:02:06), quen tamén adxudicouse o mailllot branco da regularidade – patrocinado polo Concello de Santiago-.

O vencedor da clasificación xeral do premio da montaña –maillot verde patrocinado polo Grupo Brea- foi Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia); o das metas volantes –maillot laranxa patrocinado por Área Central- foi Amaro Antunes (Crédito Agrícola Pombal): o primeiro na clasificación de mellor galego –maillot azul e branco patrocinado por Muebles Compostela- foi José Cerezo (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia) e o mejor sub 23 –maillot azul oscuro patrocinado pola Fundación compostela Deporte- foi Alexander Ryabkin (Lokomotiv).

O Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama; o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo; e o Presidente do CC Compostelano-Muebles Compostela, Nemesio López; realizaron o corte de cinta da terceira e última etapa da competición.

La etapa

Ao igual que nas dúas primeiras xornadas, a etapa comezou cun ritmo trepidante. No paso pola meta volante de Bertamiráns (6,4 km), o primeiro foi Javier Puig (Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja); virtual líder das metas volantes a falta do paso pola meta volante de Negreira. O segundo foi Amaro Antunes (Crédito Agrícola Pombal) e o terceiro Miguel Polidura (Camargo-Ferroatlántica).

Desde o kilómetro 11, marcha en cabeza de carreira un grupo no que están: Jesús Cobelo (Cymasa); Aaron Peña (Camargo-Ferroatlántica); Arten Ovechkin (Lokomotiv); Jesús Ramírez (Sanse Spiuk); Joni Brandao (Santa María da Feira-Elecler); e Manuel Quiroga (CC Vigués-Chint Autronic).

Este grupo coronou o Alto de Moimenta (41 km) cun minuto e dez segundos de vantaxe sobre o grupo. O primeiro en pasar por este porto foi Arten Ovechkin (Lokomotiv), virtual líder do premio de montaña; seguido de Joni Brandao (Santa María da Feira-Elecler) e Jesús Ramírez (Sanse Spiuk). A media de rodaje na primeira hora de carreira foi de 40 km/h.

Á altura do kilómetro 63 o grupo de cabeza formado por seis unidades marchaba con trinta segundos de vantaxe sobre dous corredores que saltaron neste momento do pelotón: o holandés Josef Van Haren e o arxentino Federico Pagani, ambos do Diputación de León-Deyser. Mentras que o pelotón circulaba a cincuenta segundos.

A terceira e última etapa da Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009 mantivo a pelexa e a ilusión posta polos corredores desde o quilómetro cero de competición. Mentres Van Haren e Pagani lograron conectar co grupo de cabeza, e no paso polo quilómetro 70 levaba trinta segundos de vantaxe sobre un dos corredores máis combativos na xornada de onte Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia), quen saltou do pelotón, que mantiña algo menos dun minuto de desvantaxe.

No paso por Padrón, Gustavo Rodríguez conectou co grupo de fugados e, na subida ao Alto de Aguasantas (88,9 km) atacou e quedou comandando en solitario esta última etapa. Rodríguez coronou en solitario este porto, con cincuenta segundos de vantaxe sobre o segundo, Joni Brandao (Santa María da Feira-Elecler) e o terceiro, Josef Van Haren (Diputación de León-Deyser); e con dous minutos de vantaxe sobre o pelotón.

Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia) coronou tamén en solitario o Alto de Mourentáns (101,5), con cincuenta segundos de vantaxe sobre o segundo Sergey Chernetskiy (Lokomotiv); e o terceiro foi José de Segovia (Supermercados Froiz).

O pelotón unificouse na baixada deste porto e no paso pola meta volante de Negreira (109,4 km) o primeiro foi Amaro Antunes –virtual vencedor na clasificación xeral das metas volantes- (Crédito Agrícola Pombal), seguido polo seu compañeiro de equipo Fabio Ferreira e o terceiro foi Iván Suárez (Supermercados Froiz).

Á altura do quilómetro 115 fructificou unha nova fuga na que estaban os corredores Jesús Ramírez (Sanse Spiuk); José Toribio (Andalucía Cajasur); Sergey Chernetskiy (Lokomotiv) e Carlos Ibáñez (Diputación de León-Deyser). O pelotón circulaba a cuarenta segundos do grupo de cabeza no inicio da subida ao Alto de Trasmonte (125,9 km).

Na subida ao Alto de Trasmonte formáronse dous grupos, o de cabeza con sete corredores entre os que estaban o líder Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz) e Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia). O primeiro en pasar polo porto foi Sergey Chernetskiy (Lokomotiv), seguido de José Toribio (Andalucía Cajasur) e Gustavo Rodríguez. A dez segundos da cabeza de carreira circulaba outro grupo de quince unidades.

No paso polo último porto da competición, o Alto do Vento (140,8), o primeiro foi Sergey Chernetskiy (Lokomotiv); o segundo, o líder da Volta desde a primeira xornada Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz) e, o terceiro, Álvaro García (Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja, terceiro tamén na clasificación xeral individual desde o comenzo da competición. O virtual gañador do premio da montaña é o corredor do Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia, Gustavo Rodríguez.

A poucos kilómetros para a líña de meta, un grupo de doce corredores entre os que se encontraban o líder Rafael Rodríguez e os ciclistas que portan os distintos maillots da competición. Por detrás, o pelotón circulaba moi fragmentado.

A chegada, como era previsible, foi ao sprint e o primeiro en cruzar la líña de meta –con algúns segundos de vantaxe- nesta terceira e última etapa da Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009 foi Rafael Rodríguez, repetindo o dobrete da primeira xornada. O corredor do Supermercados Froiz proclamouse vencedor da competición, sen ceder o liderato que acadou tras gañar a primeira etapa. O segundo na xornada de hoxe foi Dmitry Puzanov (CC Spol-Caixanova) e o terceiro, David Gutiérrez (Camargo-Ferroatlántica).

Web

Cómpre lembrar que, na páxina web da competición www.voltaascension.com poderedes atopar as novas da Volta. Tamén poderedes ir consultando no portal electrónico as evolucións de cada etapa. E ao remate de cada unha das tres xornadas recibiredes a nota de prensa (en galego e castelán), as fotos e as clasificacións. No portal electrónico tamén podedes consultar os percorridos e perfís das etapas; equipos participantes; palmarés; descargar o libro de ruta da presente edición; ou consultar os portais electrónicos das edicións do 2007 e 2008.

A Volta Ciclista da Ascensión conta co patrocinio da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo, Grupo Brea e Área Central, e coa colaboración dos Concellos de Santiago, Oroso, Ames, Carballo, Cerceda, Negreira, Ordes, Padrón e Silleda, a Federación Galega de Ciclismo, a Deputación da Coruña e outras entidades comerciais.



CLASIFICACIÓNS


CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL 3º ETAPA

1º Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz)

2º Dmitry Puzanov (CC Spol-Caixanova)

3º David Gutiérrez (Camargo-Ferroatlántica)


CLASIFICACIÓN XERAL INDIVIDUAL

1º Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz)

2º Álvaro García (Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja)

3º David Gutiérrez (Camargo-Ferroatlántica)


CLASIFICACIÓN XERAL POR EQUIPOS

1º Supermercados Froiz

2º Andalucía Cajasur

3º Universidad Politécnica de Valencia-Bancaja


REGULARIDADE

1º David Gutiérrez (Camargo-Ferroatlántica)

2º Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz)

3º José Cerezo (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia)


PREMIO MONTAÑA

1º Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia)

2º Sergey Chernetskiy (Lokomotiv)

3º Rafael Rodríguez (Supermercados Froiz)


METAS VOLANTES

1º Amaro Antunes (Crédito Agrícola Pombal)

2º José Aguilar (Andalucía Cajasur)

3º Pol Nabben (Diputación de León-Deyser)


MELLOR GALEGO

1º José Cerezo (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia)

2º Gustavo Rodrígeuz (Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia)

3º Iago Mendín (PC Luís Ocaña-Cymasa)


MELLOR SUB 23

1º Alexander Ryabkin (Lokomotiv)

2º Jesús del Pino (Sanse Spiuk)

3º Sergey Chernetskiy (Lokomotiv)

Fotografia

Fotografia

Fotografia

Fotografia

___________________________________________________
Fundación Compostela Deporte
Gabinete de Comunicación
23/05/2009

 

Desenvolvemento e deseño web: AVA www.avaforum.com