NOTAS DE PRENSA
A Fundación expresa o seu agradecemento a todos os artífices da Volta
(23/05/2009) A Fundación Compostela Deporte agradece nomeadamente ao Clube Ciclista Compostelano-Muebles Compostela e ao seu presidente D. Nemesio López, pola organización deportiva da Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009. E a tódolos seus colaboradores. Grazas tamén polo seu apoio á Federación Galega de Ciclismo e ao seu presidente, D. Sabino Cortizo.
Grazas ao Alcalde de Santiago e Presidente da Fundación Compostela Deporte, D. Xosé Antonio Sánchez Bugallo ao Concelleiro de Deportes e Vicepresidente da Fundación, D. Bernardino Rama, e ao seu predecesor nestas funcións, D. Andrés Fariña; e aos concelleiros dos diferentes grupos municipais da cidade pola súa asistencia ao longo dos tres días da Volta, formando parte dos afeccionados na saída e na liña de meta.
Outra peza importante da Volta da Ascensión foron os alcaldes e concelleiros de deportes dos concellos veciños de: Oroso –meta da segunda etapa desta edición-, nomeadamente ao seu Alcalde, D. Manuel Mirás Franqueira e o seu Concelleiro de Deportes, D. Eduardo Veiras Rey, Ames, Carballo, Cerceda, Negreira, Ordes, Padrón e Silleda. Grazas por acoller con grande agarimo esta competición, pola colaboración de forma activa e efectiva para que a carreira puidese desenvolverse e grazas aos habitantes destes municipios e das demais localidades polas que pasou o pelotón, que amosaron ser uns verdadeiros amigos ao longo dos máis de 400 quilómetros de percorrido.
Grazas tamén aos membros dos corpos de forza e seguridade: á Garda Civil de Tráfico, ao seu Tenente D. Miguel Soldán e ao seu destacamento; así como á Policía Local de Santiago de Compostela, representada en D. José Antonio Carril; así como aos distintos membros dos corpos de forza e seguridade dos concellos polos que pasou a Volta. Grazas á Cruz Vermella pola súa colaboración na asistencia médica en carreira.
Grazas aos patrocinadores: a Sociedade Xestora do Plan Xacobeo, Grupo Brea e Área Central. Así como ás entidades colaboradoras: Grupo Puentes, Eroski-Begalsa, Begano-Coca Cola, Gadisa, Alcampo, Floristería Noelia, Viveros Galicia Garden. Tamén ao Moto Club Compostela.
Grazas aos directivos, técnicos, médicos, ciclistas e demais persoal dos dezanove clubes participantes.
Grazas aos medios de comunicación por levar a Volta Ciclista da Ascensión a tódolos recunchos da cidade e do resto da xeografía galega, española e portuguesa.
Grazas a todos os profesionais que colaboraron na presentación de equipos, a radio volta, oficina permanente, actividades protocolarias, montadores, árbitros, médicos e demais persoal e, como non, aos imprescindibles voluntarios e aos nenos e nenas do Clube Ciclista Compostelán-Muebles Compostela.
E, como non, grazas a tódolos afeccionados e a tódolos cidadáns polo seu comportamento e, sobre todo, pola súa comprensión á hora de afrontar os trastornos que se poidan ter producido na mobilidade debido aos cortes das rúas da cidade. Polos que vos expresamos a nosas más sinceras desculpas.
É imposible facer unha relación nominal. Hai nomes que non aparecen nesta nota por motivos de espazo, pero que quedan reflectidos de maneira implícita nas súas institucións, entidades, empresas ou colectivos. Grazas porque sabemos que contamos coa vosa comprensión, isto nos motiva a facer o noso traballo cada día mellor.
___________________________________________________
Fundación Compostela Deporte
Gabinete de Comunicación
23/05/2009
|